Quen somos

Varanda Viva é unha rede galega de solidariedade, voluntariado e reivindicación para lle facer fronte á crise que estamos a vivir como consecuencia da expansión do COVID-19.

Somos tamén unha resposta galega e autoorganizada, un instrumento popular de exixencia ás institucións de medidas eficaces de contención da pandemia, adaptadas á realidade galega, mais tamén asistenciais, e fronte ao impacto económico, social e laboral.

Somos promotoras e promotores de Varanda Viva persoas que non nos resignamos, e que vivimos directamente as consecuencias da crise: traballadoras e traballadores da sanidade, de ambulancias, de residencias, farmacéutic@s, do Servizo de Atención Familiar, da recollida do lixo, dos denominados servizos básicos (alimentación, transporte, talleres de reparación, autónom@s, mariñeiros, mariscadoras), do voluntariado, etc.

Varanda Viva es ti, somos nós, todas e todos. Porque a forza dun país é toda a súa xente. Ti tamén podes facer parte de Varanda Viva.

Súmate!