Inicio

Manifesto Varanda Viva

A falta de prazas e de rúas, hoxe temos varandas e xanelas. Temos mans, voces e cazolas. Temos ganas de cantar e de berrar. De esconxurarmos as incertezas e de recuperarmos o ritmo das nosas vidas. Non, esta pandemia non vai poder connosco. Non vai poder, a pesar dos gobernantes que en Madrid nos ignoran e dan paus de cego ante a crise sanitaria e social aberta. Non vai poder connosco esta pandemia, a pesar dos nosos gobernantes na Xunta, que lavan as mans ante a situación, abdicando das súas responsabilidades como goberno de Galiza… ler máis


NOTICIAS

Varanda Viva chama á erradicación das prácticas caciquís e clientelares do PP na xestión local da crise do Coronavirus

A plataforma social Varanda Viva quere manifestar o seu rexeitamento pola utilización contrastada e confirmada de métodos clientelares por parte de cargos públicos do Partido Popular no desempeño das súas funcións institucionais. Non todo vale. Cadaquén é libre para opinar ou interpretar como queira a orixe, evolución ou a aplicación de métodos ou propostas para…

Posicionamento sobre o proceso de desconfinamento

En relación co proceso de desconfinamento aprobado de xeito unilateral polo Goberno español, a plataforma social galega Varanda Viva quere facer públicas as seguintes consideracións: Rexeitamos a centralización en Madrid de todas as decisións relativas á contención da pandemia, das medidas socioeconómicas para a minimización dos efectos da crise, ou do proceso de desconfinamento. O…

Varanda Viva diríxese a Valeduría do Pobo e a Consellaría de Sanidade reclamando medidas de protección para o persoal do 061

Desde Varanda Viva, Rede Galega de Solidariedade, Voluntariado e Reivindicación reclamámoslle á Consellaría de Sanidade que poñan en marcha todos os mecanismos necesarios para dotar de material suficiente ao persoal traballador de forma inmediata a fin de que o persoal sanitario poida desenvolver as súas funcións con todas as garantías. Varanda Viva, Rede Galega de…